Organización do Roupeiro de segunda man de Arméria Soc. Coop.
Día: Sábado 2 de Febreiro de 2013.
Hora: ás 18:00hrs (6 da Tarde).
Lugar: Local na Traseira do Mercado Municipal de Caranza.
Convidase-vos, a participar, nos traballos para organizar o equipamento e o funcionamento do Roupeiro, que se realizarán no local de Arméria.
Lembra-se que necesitamos: perchas, estantes, caixas montábeis, un mostrador, taboleiro de cortiza, espellos, biombo, mobiliario de oficina, bolsas, tubos dos rolos de papel e material de tenda como bolsas, manequíns, caixa rexistradora, extintor ou tesoiras. Ademais disto, o grupo de apoio ás finanzas e seguros éticos solicita: Estantes, mais cadeiras ou asentos, material de oficina, expositor de folletos, pizarra e lámpada de mesa.
Se coñecedes a alguén que o poda facilitar, podedes achegalo nesta xuntanza ou pedir que algún do grupo o achegue.
Esperamos-vos!
|||||||||||||||||