Que é Arméria?
Para asociarse a Arméria hai que contribuir con 30 euros ou 5 horas de traballo comunitario.
A Asemblea Xeral é o máximo órgano de decisión da sociedade cooperativa. Está constituida pòr todas as persoas asociadas a Arméria.
O Consello Rector Aberto, é o órgano coordinador e de representación legal da sociedade cooperativa. Coordena todas as actividades dos grupos e seccións de Arméria. Coordena a representación legal e pública, custodia a documentación e leva a tesoureria. Da conta da súa xestión ante a Asemblea Xeral de Arméria.
A Comisión Técnica é competente en: resolver os asuntos legais da cooperativa; facer os estudos de viabilidade das diferentes actividades e proxectos; apoio técnico a outros proxectos de economía social e solidaria; e outras que acorde a Asemblea Xeral.
A Comisión Social é competente en: dinamizar a participación das persoas socias na diferentes actividades; as relacións da cooperativa con outras entidades e administracións; e outras que acorde a Asemblea Xeral.
Seccións e grupos de Arméria:
- Grupo de Apoio ás Finanzas e Seguros Éticos
- Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios
- Comisión de Organización de Eventos (P)
- Centro Comarcal de Comunicación (P)
- Recuperación e Comercialización Alternativa de Roupa e outros Complementos de Segunda Man (P)
Actividades e ferramentas sociais compartidas dentro da Rede de Apoio Mutuo:
- RECURSOS COMPARTIDOS (P)
- AXENDA ABERTA - DE BOCA A BOCA
- BANCO DE TEMPO
- PETO SOLIDARIO (P)
Nota.- (P) Pendente de Constituír ou formalizar
Arméria Sociedade Cooperativa Galega
(Sen ánimo de lucro)
Avda de Castelao s/n.
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
15406 - Ferrol
Correo-e: armeria.soc.coop.galega@gmail.com
Sitio-e: http://armeriacooperativa.blogspot.com.es/
|||||||||||||||||||||||||||||||