||||||||||||||
quinta-feira, 28 de junho de 2012
A Cooperativa Arméria está organizando a vindeira Asemblea Anual de REAS-Galiza que terá lugar o Sábado 7 de Xullo de 2012
A Cooperativa Arméria está organizando a vindeira Asemblea Anual de REAS-Galiza que terá lugar o Sábado 7 de Xullo de 2012, na Casa da Cultura do Concello de San Sadurniño. A Asemblea propiamente dita terá lugar pola tarde. Pola mañá estará dedicada a dous temas de moita importancia para o traballo que estamos realizando na nosa Comarca na Rede de Apoio Mutuo. Trata-se dos segurosa éticos e por outra banda, da experiencia de entidades que se
dedican á redución, reutilización e reciclaxe de residuos cun
obxectivo de transformación social e de promoción da inserción
sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social. Polo seu interese decideu-se dar a maior publicidade posíbel a este evento. Despois, o mesmo día, poderemos disfrutar na mesma zona do Festival do Río Castro que se celebrará na parroquia de Naraío no mesmo concello de San Sadurniño, ao cal quen quixer pode-se desprazar a xantar até alí que só está a uns oito quilómetros de distancia da Casa da Cultura. Quen quixer xantar na Casa da Cultura, ten que no tífica-lo na inscrición.
||||||||||||||
||||||||||||||