Convocatoria da Asemblea Extraordinaria de Arméria Soc. Coop. Galega, para o Venres 16 de Decembro, de 2016.
Día: Venres 16 de Decembro de 2016.
Hora: Ás 18:30hs en primeira convocatoria e ás 19:00hs en segunda e última.
Lugar: Salón de Actos do Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202-204 Baixo - Ferrol).
O Consello Reitor na súa última xuntanza celebrada o martes 22 de Novembro ás 19:00hs no local da Asociación Veciñal “O Rosario”, do Inferniño, estando presentes Manuel F. Rivera Iglesias (Presidente), Xoán Carlos Berrocal Regueira (Vogal), Estefanía Doce Fernández (Vogal), Lucía Vizoso Amado (Vogal), Segundo Ruíz Lemos (Vogal), José María Hernández Roca (Vogal), Manuel A. Rodríguez Carballeira (Vogal), Lupe Ces Rioboo (Vogal) e Inácio Martínez Orero (Secretario), despois de deliberar sobre a situación na que se atopa a Cooperativa, sen actividade económica, sen apenas actividade interna, só funcionando a Sección da Tenda de Troco, mas cun número interesante de usuarias (pois contan con 401 persoas asociadas), acordou convocar unha Asemblea Extraordinaria, na data, hora e lugar sinalados, para analizar a situación do proxecto, ver novas posibilidades e ideas, ou mesmo ver a posibilidade de disolución.
En Ferrol, a 23 de Novembro de 2016
Asinado no nome do Consello Reitor e do seu Presidente, polo Secretario en funcións, Inácio Martínez
||||||||||||||||||||||
quarta-feira, 23 de novembro de 2016
quarta-feira, 28 de setembro de 2016
Este sábado 1 de Outubro, terá lugar a quinta edicción da Feira de Troco en Caranza
Feira de Troco na Traseira do Mercado de Caranza
Cando ? : Sábado 1 de Outubro de 2016
A que hora ? : De 11:00 a 13:00 horas.
Onde ? : Na Traseira do Mercado de Caranza (Ferrol).
Ven a informarte de que é o Troco e como traballamos na tenda de Troco de Arméria Sociedade Cooperativa Galega.
A Tenda de Troco é unha iniciativa de ARMERIA,
Sociedade Cooperativa Galega, como servizo público e para que a xente a
use e goce facendo trocos, que o vexa sinxelo e cómodo, mais, o
principal obxectivo da tenda é crear conciencia, outra maneira de ver a
economía, e para iso non hai máis remedio que pararse a pensar un intre.
Antes de comprar ou vender algo, considera o troco
como unha opción viable, sinxela e barata de adquirir algo semi novo.
Ademais aforrarás cartos e evitarás contaminar co empaquetado do produto
como por exemplo a bolsa de plástico onde cho dean.
Unha excelente forma de aforrar é o intercambio ou
comunmente chamado troco, o troco é a forma máis primitiva de comercio
da humanidade, o troco é a acción e efecto de intercambiar ou dar e
recibir algo por outra cousa, sexa bens mobles e inmobles ou prestación
de servizo sen que medie a intervención de diñeiro.
Sitio-e:
http://tendadetroco.blogspot.com.es/
Conta no Facebook:
https://gl-es.facebook.com/detroco.armeria
||||||||||||||||||
Assinar:
Postagens (Atom)