sexta-feira, 27 de dezembro de 2013

Brindis colectivo na Tenda de Troco: "Por un 2014 cheo de alternativas"


Queremos convidarvos a achegarvos hoxe (Venres 27 de Decembro) á tenda, ás 8 da tarde, para facer un brindis colectivo. Aínda que a situación social, e especialmente na comarca, é difícil, mesmo tráxica, a iniciativa da tenda de troco da Cooperativa Arméria, segue dando moitas razóns para felicitarnos.

Pasamos xa das 250 persoas usuarias e demostramos que as alternativas de economía social son útiles para o dia a dia das persoas que vivimos nesta comarca, e marcan un novo rumbo necesario para relacións económicas xustas, coas persoas e co planeta.

Tráete algo para compartir, e ven brindar con nós por un 2014 cheo de alternativas que superen esta situación de inxustiza e constrúan un novo sistema de relacións económicas e sociais.

Un saúdo,

Tenda de Troco de Arméria Soc. Coop. Galega

Morada e enderezo Postal:
Avda. Castelao S/N, Traseira do Mercado de Caranza.
CP 15406 Ferrol (GALIZA)
web:
http://tendadetroco.blogspot.com.es/
Facebook:
http://www.facebook.com/detroco.armeria
Correo-e:
tendadetroco@gmail.com

||||||||||||||

sábado, 23 de novembro de 2013

Convocatoria dunha xuntanza extraordinaria do Consello Reitor de Arméria Sociedade Cooperativa Galega, para o mércores 27 de Novembro

O vindeiro mércores 27 de novembro de 2013, ás 6 da tarde, terá lugar unha xuntanza extraordinaria do Consello Reitor de Arméria Sociedade Cooperativa Galega, no local de Caranza, na Traseira do Mercado Municipal.

Obxectivo:

O obxectivo da xuntanza é o de resolver sobre a preceptiva apertura dunha conta corrente da cooperativa e nomear ás persoas autorizadas. E por outra banda acordar unha xuntanza extraordinaria do Consello Reitor para analizar a situación interna e buscar solucións.

Orde do día:
  1. Conta corrente de Arméria. Apertura e persoas autorizadas.
  2. Nova convocatoria dunha xuntanza extraordinaria do Consello Reitor para abordar a situación interna.
Ferrol, a 23 de Novembro de 2013

Manuel Rivera (Presidente) e Inácio Martínez (Secretario)

|||||||||||||||||||

terça-feira, 12 de novembro de 2013

Compañeira Victoria


O pasado Venres, 8 de Novembro de 2013, falecía a nosa compañeira Victoria.

A nosa estimada e querida compañeira Vitoria Fernández Paredes, deixaba-nos logo, dunha breve, mais grave enfermidade.

Victoria, era unha activista social, participaba no Foro e Encontro Social de Ferrol Terra, e foi cofundadora de Arméria Sociedade Cooperativa Galega, formando parte do seu primeiro Consello Reitor. Non puido ver desenvolvidos os proxectos de construción social nos que estamos inmersos. Mais se participou activamente na posta en marcha da Tenda de Troco e na Rede de Apoio Mutuo, onde participaba na loita por unha vivenda digna e adecuada con Stop-desafiuzamentos.

Victoria, chegou á Rede Social de Ferrol Terra, desde a Asociación Cultural Fuco Buxán e o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. O seu compromiso social era grande, imos-che botar de menos Victoria. Mais o compromiso de Victoria non era de agora, dos últimos anos, senón que a nosa  Compañeira ten unha vida de dedicación plena á loita pola xustiza, pola igualdade, a solidariedade e a fraternidade. Este compromiso exercía-o con xenerosidade e bondade.

Victoria era a compañeira do xa finado Carmelo Teixeiro, co que compartía activismo nos, xa mencionados, Comité Cidadán de Emerxencia e asociación 'Fuco buxán'.

No nome de todas as persoas, boas e xenerosas, que formamos parte das entidades da Rede Social de Ferrol Terra queremos enviar un saúdo, con dor mais con esperanza e gratitude, fraternal e solidario aos seus fillos Juan Ramón, Carmelo e Noé, ás súas compañeiras, netos e netas, aos seus hirmáns Angeles e Ricardo, demais familia e amizades.

|||||||||||||||||

sábado, 2 de novembro de 2013

Festa de Outono na Tenda de Troco, este Sábado 2 de Novembro, en Caranza na Traseira do Mercado Municipal


Festa de Outono na Tenda de Troco (na traseira do Mercado de Caranza).

Musica e petiscos compartidos, Troco de xoguetes e receitas e Recollida de mediciñas (sen usar, abertas... nom caducadas) para os campamentos de refuxiad@s do Sahara.

O Sábado dia 2 de novembro de 11hs a 14hs na traseira do Mercado de Caranza.

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/724258957601944

Un saúdo,

Tenda de Troco de Arméria Soc. Coop. Galega

Morada e enderezo Postal:
Avda. Castelao S/N, Traseira do Mercado de Caranza.
CP 15406 Ferrol (GALIZA)
web:
http://tendadetroco.blogspot.com.es/
Facebook:
http://www.facebook.com/detroco.armeria
Correo-e:
tendadetroco@gmail.com
||||||||||||||||||

terça-feira, 23 de julho de 2013

Novo curso na Tenda de Troco - Curso de Trapillo

Curso de Trapillo

Día: Martes 23 de Xullo de 2013.
Hora: Desde as 11 da mañá.
Lugar: En Caranza (Ferrol) na Traseira do Mercado Municipal

Animarvos a participar no Curso de Trapillo.

Materias necesarios:
  • Agulla de ganchillo.
  • Camisetas para reciclar.
Un saúdo,

Tenda de Troco de Arméria Soc. Coop. Galega

Morada e enderezo Postal:
Avda. Castelao S/N, Traseira do Mercado de Caranza.
CP 15406 Ferrol (GALIZA)

web:
http://tendadetroco.blogspot.com.es/

Facebook:
http://www.facebook.com/detroco.armeria

Correo-e:
tendadetroco@gmail.com


||||||||||||||||||||||||||||||

sábado, 11 de maio de 2013

Festa, Cambio de Tempada, na Tenda de Troco, este Sábado 11 de Maio, desde as 12 do mediodía


Festa, Cambio de Tempada, na Tenda de Troco de Arméria Soc. Coop. Galega


Día: Sábado 11 de Maio de 2013.
Hora: Desde as 12 do medio día
Lugar: En Caranza (Ferrol) na Traseira do Mercado Municipal

Co motivo do cambio de tempada na tenda queremos convidarvos a una festa este sábado 11 de Maio a partir das 12 do mediodía así que ir alixeirando os armarios chegou o tempo da manga curta e dos tirantes

Ademais faremos "De Troco un pouco" isto quere dicir que trocaremos roupa na tenda como vimos facendo ate agora e no espacio exterior poderemos trocar entre nós outros obxectos (libros, xoguetes, discos, material deportivo, ferramenta...) tamén propoñemos aproveitar esta ocasión para trocar sementes xa que estamos no tempo de plantar.

Como noutras ocasións cada un pode levar algo para picar e sería estupendo que viñese acompañado da receita así tamén as trocamos,alí haberá bebidas a prezos moi económicos.

Animádevos a pasar una boa xornada facendo "De Troco un pouco"!.

Tenda de Troco de Arméria Soc. Coop. Galega

Morada e enderezo Postal:
Avda. Castelao S/N, Traseira do Mercado de Caranza.
CP 15406 Ferrol (GALIZA)

web:
http://tendadetroco.blogspot.com.es/

Facebook:
http://www.facebook.com/detroco.armeria

Correo-e:
tendadetroco@gmail.com

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/153341068178655/

||||||||||||||||||||||||||||||

quinta-feira, 2 de maio de 2013

Convocatoria de Xuntanza do Consello Reitor de Arméria Soc. Coop. Galega

Estimadas compañeiras e compañeiros, mediante a presente notificación, lembrar que a Xuntanza do Consello Reitor de Arméria Soc. Coop. Galega está estabelecida para este Venres, 3 de Maio, ás 6 da tarde no local de Arméria, na Traseira do Mercado de Caranza.

Punto previo: Aceptación, ampliación ou modificación do orde do día proposto.

Proposta de puntos de orde do día:
1º Escritura pública da Cooperativa. Últimos pasos (CIF, Conta, ...outros). Que falta?
2º Preparar unha proposta de Regulamento Interno, financiamento, contabilidade, bases de datos e estruturación da Cooperativa (como funcionar?).
3º Ir pensando data para unha unha Asemblea Xeral.
4º Locais da Traseira do Mercado de Caranza (reparto de uso).
5º Boletín?
6º Queixa de Carlos Vidal con respecto ao funcionamento da Tenda de Troco.
7º Propostas, Rogos e Preguntas.

||||||||||||||||||

segunda-feira, 15 de abril de 2013

Asemblea da Comisión de Traballo da tenda de Troco de Arméria Soc. Coop. Galega

O martes 16 de Abril ás 19:00hs a Comisión de Traballo que estamos a participar na Tenda temos Asemblea.

Se alguén quere incorporarse ao grupo e así poder ampliar o horario da Tenda  estaría ben que asistise.

Tenda de Troco de Arméria Soc. Coop. Galega
Morada e enderezo Postal:
Avda. Castelao S/N, Traseira do Mercado de Caranza.
CP 15406 Ferrol (GALIZA)

web:
http://tendadetroco.blogspot.com.es/

Facebook:
http://www.facebook.com/detroco.armeria

Correo-e:
tendadetroco@gmail.com

||||||||||||||||||||||||||||||

sexta-feira, 5 de abril de 2013

Este Sábado 6 de Abril, inaugura-se a Tenda de Troco de Arméria cunha pequena festa


Ven, coñece o proxecto e participa.

Este Sábado 6 de Abril de 2013, desde as 11 da mañá estamos na Traseira do Mercado Municipal de Caranza

Blogue:
http://tendadetroco.blogspot.com.es/

Facebook
:
https://www.facebook.com/detroco.armeria

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/110991385738018/
_____________

Nova Xuntanza do Consello Reitor de Arméria - 5 de Abril de 2013

Xuntanza do Consello Reitor de Arméria.

Día: 5 de Abril de 2013
Hora: 19:00hs.
Lugar: Traseira do Mercado de Caranza - Local Arméria.

Orde do día:

Ultimar Legalización de Arméria.

Asuntos pendentes da pasada xuntanza do 3 de Marzo:
4. Estado financeiro, necesidades a cubrir e control de gastos.
5. Canles de comunicación da cooperativa e difusión de actividades.
6. Estado dos datos e documentación da cooperativa (Libro de socios, actas....)
7. Proposta de elaboración dunha memoria económica e de actividades e proxectos.
8. Novas propostas e tarefas.
9. Próxima xuntanza. Para a coordinación e preparación previa, no caso de propostas ou achegas para a orde do dia, pregase o comunique por e-mail ou no seguinte documento colaborativo: http://piratepad.net/yAw1T8R90x

||||||||||||||||||||

quarta-feira, 20 de março de 2013

Encontro de soci@s de FIARE e RENDA BÁSICA

Encontro de soci@s de FIARE e RENDA BÁSICA.

Convidamos-vos a un encontro de persoas e entidades socias de FIARE na comarca en Ferrolterra, desexamos dar-vos a coñecer os avances, a situación actual do proxecto e os pasos que estamos a dar de cara o futuro. O obxectivo é coñecernos e comezar a dar forma a este novo modelo de Banca mais participativo e transparente no que Fiare esta-se a integrar, a Banca Popolare Etica, e na que pasamos a ser a quinta área da cooperativa de crédito. A partir de agora, o GIT Galiza Norte, será o noso principal espazo de participación polo que abordaremos tamén algunhas das tarefas que nos cómpre desenvolver dentro do noso GIT. Achegade-vos o mércores 20 de marzo de 18:00 a 19:00 horas, no local de Armeria (Baixo na traseira do Mercado de Caranza), e compartide connosco as vosas inquedanzas, dúbidas ou propostas.

Ao fín desta xuntanza, aproveitaremos para falar da implicación do grupo de apoio as finanzas éticas, na preparación e desenvolvemento de actividades de difusión e apoio da RENDA BÁSICA, unha ferramenta de transformación social fronte a inxustiza e desigualdade do sistema actual.

Data: 20 de marzo de 2013, mércores.
Hora: de 18:00 a 20:00 horas.
Lugar: S.Coop. Arméria (Baixo na traseira do Mercado de Caranza) Ferrol (A Coruña).

Grupo de apoio as finanzas e seguros éticos.

||||||||||||||||||||||||||

Segunda Xornada de Traballo Comunitario para a Tenda de Troco


Saúdos a tod@s!

Este Xoves 21 de Marzo dende as 17 as 19h faremos unha segunda xornada de traballo para intentar recuperar e mellorar o exterior do local da cooperativa na traseira do mercado de Caranza. Os traballos que faremos serán:
  • quitar óxido das rellas para tratalas e pintalas.
  • pintar dúas columnas e poñer o logo da cooperativa e da tenda.
  • adornar con plantas.
Os materias e ferramentas que precisamos nesta xornada son: cepillos de ferro ou algún tipo de pulidora-lixadora, maceteiros, terra e plantas, luvas... 

Para facer estes traballos contamos coa colaboración d@s soci@s que queiran achegarse e tamén c@s que queiran aproveitar para darlle as horas de traballo a cooperativa.

Aproveitamos esta ocasión para informar que xa chegamos ás trinta fichas de usuari@s da tenda e esperamos seguir medrando día a día, pois son moitas as persoas que se achegan a preguntar. Seria moi positivo ampliar o horario de apertura  para o que estaría ben que máis soci@s colaboraran atendendo na tenda. Tamén estamos preparando a festa de inauguración, informaremos da data máis adiante.

Tenda de Troco de Arméria Soc. Coop. Galega

web
:
http://tendadetroco.blogspot.com.es/

Facebook:
http://www.facebook.com/detroco.armeria

Correo-e:
tendadetroco@gmail.com

||||||||||||||||||||||||||||||

domingo, 17 de março de 2013

Traballo comunitario para a Tenda de Troco


Saúdos a tod@s!

Este martes 19 de Marzo dende as 17 as 19h faremos unha primeira xornada de traballo para intentar recuperar e mellorar o exterior do local da cooperativa na traseira do mercado de Caranza. Os traballos que faremos serán:
  • quitar óxido das rellas para tratalas e pintalas.
  • pintar dúas columnas e poñer o logo da cooperativa e da tenda.
  • adornar con plantas.
Os materias e ferramentas que precisamos nesta xornada son: cepillos de ferro ou algún tipo de pulidora-lixadora, maceteiros, terra e plantas, luvas... 

Para facer estes traballos contamos coa colaboración d@s soci@s que queiran achegarse e tamén c@s que queiran aproveitar para darlle as horas de traballo a cooperativa.

Aproveitamos esta ocasión para informar que xa chegamos ás trinta fichas de usuari@s da tenda e esperamos seguir medrando día a día,pois son moitas as persoas que se achegan a preguntar.Seria moi positivo ampliar o horario de apertura  para o que estaría ben que máis soci@s colaboraran atendendo na tenda.Tamén estamos preparando a festa de inauguración,informaremos da data máis adiante.

Tenda de Troco de Arméria Soc. Coop. Galega

web
:
http://tendadetroco.blogspot.com.es/

Facebook:
http://www.facebook.com/detroco.armeria

Correo-e:
tendadetroco@gmail.com

||||||||||||||||||||||||||||||

sexta-feira, 1 de fevereiro de 2013

Xuntanza de traballo comunitario para a organización do Roupeiro de segunda man de Arméria Soc. Coop.

Organización do Roupeiro de segunda man de Arméria Soc. Coop.

Día: Sábado 2 de Febreiro de 2013.
Hora: ás 18:00hrs (6 da Tarde).
Lugar: Local na Traseira do Mercado Municipal de Caranza.

Convidase-vos, a participar,  nos traballos para organizar o equipamento e o funcionamento do Roupeiro, que se realizarán no local de Arméria.

Lembra-se que necesitamos: perchas, estantes, caixas montábeis, un mostrador, taboleiro de cortiza, espellos, biombo, mobiliario de oficina, bolsas, tubos dos rolos de papel e material de tenda como bolsas, manequíns, caixa rexistradora, extintor ou tesoiras. Ademais disto, o grupo de apoio ás finanzas e seguros éticos solicita: Estantes, mais cadeiras ou asentos, material de oficina, expositor de folletos, pizarra e lámpada de mesa.

Se coñecedes a alguén que o poda facilitar, podedes achegalo nesta xuntanza ou pedir que algún do grupo o achegue.

Esperamos-vos!

|||||||||||||||||

Este Venres 1 de Febreiro de 2013, Xuntanza do Consello Reitor de Arméria Soc Coop.

XUNTANZA DO CONSELLO REITOR DE ARMÉRIA

Día: Venres 1 de Febreiro de 2013.
Hora: 18:00hs (6 da Tarde).
Lugar: no local de Arméria, na Traseira do Mercado de Caranza (http://goo.gl/maps/S9Obr).

Convoca-se unha reunión do Consello Reitor de Arméria S. Coop. Galega,  coa proposta do seguinte orde do día:
  1. Posta en común dos trámites de legalización da cooperativa e correccións nos estatutos.
  2. Información das diferentes comisións de traballo.
  3. Planificación de horarios de uso e atención do local e a súa difusión.
  4. Estado financeiro, necesidades a cubrir, gastos e investimentos.
  5. Análise das canles de comunicación da cooperativa.
  6. Novas propostas e tarefas.
  7. Próxima xuntanza.
Pola importancia da reunión pregamos asistencia e puntualidade.

A xuntanza é aberta a todas as persoas socias de Arméria, mais están convocadas:

Manuel F. Rivera Iglesias <manolorivera99@gmail.com>,
Maria Elena Casal Mera <elenacasalmera@gmail.com>,
Inácio Martínez Orero <inaciogz@gmail.com>,
Victoria Fernández Paredes <vfparedes@gmail.com>
Juan Carlos Berrocal Regueira <jkberrocal@gmail.com>,
Estefanía Doce Fernández <estefania.doce@gmail.com> (Fani)
Carlos Vidal Ojea <carlosvidalojea@gmail.com>,
Lucia Vizoso Amado <luciaxocaloma@gmail.com>,
Segundo Ruíz Lemos <segundoruizlemos@gmail.com>,
José María Hernández Roca <chemahr@hotmail.com>
Manuel A. Rodríguez Carballeira <lalan1954@gmail.com>,
Lupe Ces Rioboo <lupeces@gmail.com>

||||||||||||||

sábado, 19 de janeiro de 2013

Nova xuntanza para a organización do Roupeiro de segunda man de Armeria

Organización do ROUPEIRO de segunda man de Arméria Soc. Coop.

Convidase-vos, a participar, o venres 25 de xaneiro ás 19:00 horas, na xuntanza da Comisión para a recuperación e comercialización alternativa de roupa e outros complementos de segunda man, que se realizará no local de Arméria, na Traseira do Mercado Municipal de Caranza. Esta xuntanza e para ORGANIZAR O EQUIPAMENTO E O FUNCIONAMENTO DO ROPEIRO.

Xa temos ordenador e internet, mas lembrade que se precisa de algún material mais, é se coñecedes a alguén que o poda facilitar, podedes achegalo nesta xuntanza. Necesitamos PERCHAS, ESTANTES, CAIXAS AMONTOABLES, UN MOSTRADOR, TABOLEIRO DE CORTIZA, ESPELLOS, BIOMBO, MOBILIARIO DE OFICINA, BOLSAS, TUBOS DOS ROLOS DE PAPEL e material de tenda como bolsas, manequíns, caixa rexistradora, extintor ou tesoiras. Ademais disto, debemos coordinarnos coa comisión de finanzas éticas para se podemos, atender as suas necesidades: Estantes, mais cadeiras ou asentos, material de oficina, expositor de folletos, pizarra e lámpada de mesa.

||||||||||||||||||

segunda-feira, 14 de janeiro de 2013

Necesitamos axuda para a nosa Tenda Alternativa

Desde a Comisión de Arméria para a 'Recuperación e Comercialización Alternativa de Roupa e outros Complementos de Segunda Man' estamos facendo una tenda alternativa que queremos poñer a funcionar en pouco tempo. A continuación transcrebemos o chamado que se nos fai para apoiar a iniciativa:

Queremos poñer a funcionar o Local de Armeria, e para levalo adiante, vamos a necesitar de equipar o local  entre todos, NON SE TRATA DE GASTAR DIÑEIRO, so vos pedimos un pouco de colaboración, xa que todo isto é mais fácil se o facemos entre todos.

Son moitas as actividades e comisións que van ser acollidas polo Local (Finanzas éticas, banco do tempo, comunicación, etc..), e de todas elas, o ROUPEIRO SOLIDARIO é o que necesita que colaboremos con mais volume de material. Necesitamos PERCHAS, ESTANTES, CAIXAS AMONTOABLES, UN MOSTRADOR, TABOLEIRO DE CORTIZA, ESPELLOS, BIOMBO, MOBILIARIO DE OFICINA, BOLSAS e TUBOS DOS ROLOS DE PAPEL, son poucas cousas as que necesitamos e é posible que alguén as poda facilitar. Podedes ir gardando ata as cousas ata que o podades ACHEGAR NA PRÓXIMA XUNTANZA DO ROPEIRO.

Necesitamos tamén, moitas PERCHAS de todos os tipos, É posible que poidades conseguilas dunha tenda próxima ou que simplemente teñades algunhas no sobrado, tamén podedes traelas coa roupa que queirades intercambiar ou entregar ao roupeiro.

Estamos a buscar ESTANTES, pero para aproveitar o noso espazo e recursos, queremos conseguir CAIXAS AMONTOABLES de madeira ou plástico (ou caixas de cartón resistentes) para reciclar facendo estantes. Cortámoslle a fronte a cada caixa, amontoamos varias alturas e poñémolas de cores bonitas, e así, é doado meter e sacar a roupa dobrada e ademais vense moi xeitosas. Se podes conseguir caixas deste tipo, no roupeiro vamos a aproveitalas.

Para mostrar produtos pequenos, como complementos, podiamos poñelos nun TABOLEIRO DE CORTIZA.

Aínda que o local non vai ser unha tenda ao uso, necesitamos ter un lugar onde mostrar a roupa e poñer algún material de traballo. Gustaríanos saber onde poderiamos conseguir UN MOSTRADOR con rodas ou algún moble para reutilizar ou adaptar, que teña as dimensións axeitadas para atender a unha persoa e que permita almacenar o material imprescindible (bolsas e material de oficina). Tamén poderiamos usar unha mesa.

Temos que xestionar ben o espazo e organizar as cousas e etiquetar vai ser imprescindible, para iso, queriamos usar o cartón dos TUBOS DE PAPEL, cortándoo para facer a etiqueta, escribindo os datos da peza de roupa e colgándolla cun fío.

Nunha tenda de roupa hai que ter un espazo para mirarse, que faga de probador ou vestiario. Necesitase un percheiro, un asento, un ESPELLO na parede, un BIOMBO ou unha cortina son detalles importantes para que as persoas se sintan a gusto probando as pezas.

Hai moitas mais cousas que se poderían usar na tenda por exemplo: MATERIAL DE OFICINA, BOLSAS, tesoiras, caixa rexistradora, calculadora, manequíns (xa sexa enteiros ou de medio corpo, de mans, cara...) expositores, elementos de decoración, algunha planta, mobiliario, asentos, tarxetas de usuario, folletos explicativos, carteis con horarios ou un extintor. Ademais se esta traballando para conseguir un ordenador e acceso a internet. Un saúdo cooperativo de Armeria S.Coop.

Carlos Vidal do Consello Reitor de Arméria Soc. Coop. Galega

Borrador: Que é o Roupeiro Solidario?
________