Mostrando postagens com marcador Convocatoias. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Convocatoias. Mostrar todas as postagens

quinta-feira, 2 de maio de 2013

Convocatoria de Xuntanza do Consello Reitor de Arméria Soc. Coop. Galega

Estimadas compañeiras e compañeiros, mediante a presente notificación, lembrar que a Xuntanza do Consello Reitor de Arméria Soc. Coop. Galega está estabelecida para este Venres, 3 de Maio, ás 6 da tarde no local de Arméria, na Traseira do Mercado de Caranza.

Punto previo: Aceptación, ampliación ou modificación do orde do día proposto.

Proposta de puntos de orde do día:
1º Escritura pública da Cooperativa. Últimos pasos (CIF, Conta, ...outros). Que falta?
2º Preparar unha proposta de Regulamento Interno, financiamento, contabilidade, bases de datos e estruturación da Cooperativa (como funcionar?).
3º Ir pensando data para unha unha Asemblea Xeral.
4º Locais da Traseira do Mercado de Caranza (reparto de uso).
5º Boletín?
6º Queixa de Carlos Vidal con respecto ao funcionamento da Tenda de Troco.
7º Propostas, Rogos e Preguntas.

||||||||||||||||||

sexta-feira, 5 de abril de 2013

Nova Xuntanza do Consello Reitor de Arméria - 5 de Abril de 2013

Xuntanza do Consello Reitor de Arméria.

Día: 5 de Abril de 2013
Hora: 19:00hs.
Lugar: Traseira do Mercado de Caranza - Local Arméria.

Orde do día:

Ultimar Legalización de Arméria.

Asuntos pendentes da pasada xuntanza do 3 de Marzo:
4. Estado financeiro, necesidades a cubrir e control de gastos.
5. Canles de comunicación da cooperativa e difusión de actividades.
6. Estado dos datos e documentación da cooperativa (Libro de socios, actas....)
7. Proposta de elaboración dunha memoria económica e de actividades e proxectos.
8. Novas propostas e tarefas.
9. Próxima xuntanza. Para a coordinación e preparación previa, no caso de propostas ou achegas para a orde do dia, pregase o comunique por e-mail ou no seguinte documento colaborativo: http://piratepad.net/yAw1T8R90x

||||||||||||||||||||

terça-feira, 23 de outubro de 2012

CONVOCATORIA ASEMBLEIA XERAL DA SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA ARMÉRIA - Sábado 27 de Outubro de 2012

CONVOCATORIA ASEMBLEIA XERAL DA SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA  ARMÉRIA

Obxectivo: Celebrar a Asemblea de Arméria para a aprobación dos Estatutos e Elección do Consello Reitor e se procede do Interventor ou interventora.

Día: Sábado 27 de Outubro de 2012.

Hora: Ás 18:00hs en primeira convocatoria e ás 18:30hs en Segunda, cunha duración máxima de dúas horas.

Lugar: Local Social da SCDR "Galicia de Caranza" - Avenida Castelao, 3 (Caranza - Ferrol).


Orde do día:

1- Elección de Presidente e Secretario que presidan a asemblea.

2- Presentación das actividades desenvolvidas polo Consello Rector Provisional.

3- Presentación e aprobación, se procede, dos Estatutos da Cooperativa.

4- Presentación de candidaturas e elección, mediante votación do Consello Rector e Xerente.

Candidatura ao Consello Rector:

    Manuel F. Rivera Iglesias (Presidente)

    Inácio Martínez Orero (Secretario)

    Maria Elena Casal Mera (Vogal)

    Victoria Fernández Paredes (Vogal)

    Juan Carlos Berrocal Regueira (Vogal)

    Estefanía Doce Fernández (Vogal)

    Carlos Vidal Ojea (Vogal)

    Lucia Vizoso Amado (Vogal)

    Segundo Ruíz Lemos (Vogal)

    José María Hernández Roca (Vogal)

    Manuel A. Rodríguez Carballeira (Vogal)

    Lupe Ces Rioboo (Vogal)

Candidatura a Interventor: Anxo Zas

Aínda que esta candidatura está formada por persoas voluntarias e elixidas nunha Asemblea Aberta e que ten a consideración de provisional até que sexa avaliadada e legalizada a Cooperativa, poderan-se presentar candidaturas, con antelación por escrito ou na propia Asemblea.

ESTATUTOS DE ARMÉRIA QUE SE VAN PÓR Á APROBACIÓN DA ASEMBLEA

(Se alguén ten que facer algunha observación, contributo ou modificación final que o faga, por escrito, antes do Sábado, pois necesitamos que a Asemblea sexa áxil)

A proposta de Estatutos no enlace:

    https://docs.google.com/open?id=0B137ZqzfFFqMTUh3RUpwY1FyNnc

Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
Sociedade Cooperativa Galega Ármeria
Blogue de Arméria (Provisional)
http://armeriacooperativa.blogspot.com/

Contacto:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
armeriacooperativa@deferrolterra.org

||||||||||||||||

terça-feira, 11 de setembro de 2012

Primeira xuntanza do Consello Reitor Provisional da Cooperativa Arméria


Convocada a primeira xuntanza do Consello Reitor Provisional da Cooperativa Arméria para o Mércores 12 de Setembro de 2012, ás 7 da tarde no local da Asociación Veciñal de Esteiro.

Orde do día:
  1. Constituír-se como Consello Reitor.
  2. Concretar as funcións e obxectivos acordados.
  3. Elaborar un calendario de traballo.
  4. Outros asuntos de interese se os houber.
Ferrol Terra a 5 de Setembro de 2012

|||||||||||||||||||||||||

segunda-feira, 3 de setembro de 2012

Xuntanza para constituír, con carácter provisional, un Consello Reitor Aberto da Cooperativa Arméria - Martes 4 de Setembro de 2012, ás 8 da tarde no local da Asociación Veciñal de Esteiro


O Consello Reitor Aberto, é o órgano coordinador e de representación legal da sociedade cooperativa. Coordina todas as actividades das comisións, grupos e seccións de Arméria. Coordena a representación legal e pública, custodia a documentación e leva a tesourería. Da conta da súa xestión ante a Asemblea Xeral de Arméria.

Na actualidade a Cooperativa Arméria en fase de constitución legal e formal, leva-se desde a Comisión de Economía Social e de Calidade de Vida, do Encontro Social de Ferrol Terra que é quem a promove. No aspecto formal no seo de Arméria están constituídas só dúas seccións: unha que é o "Grupo de Apoio ás Finanzas e Seguros Éticos" e outra que é a "Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios". Estas dúas seccións están en fase de formación con proxectos en marcha, como xa informaremos no Boletín nº2 de Arméria. Despois hai unha actividade compartida que promove a cooperativa e que está dentro da rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra como é o "
Banco de Tempo" que tamén está en fase de formación e dous proxectos máis en marcha : a "Axenda Aberta - De aboca a boca" e "O Peto Solidario". Para coordinar esta incipiente actividade e comezar a dar-lle corpo á cooperativa, acordou-se na Asemblea Plenaria do Encontro Social do pasado 13 de Agosto, convocar unha xuntanza aberta a todas as sociais e socios de Arméria para axudar a constituír o Consello Reitor provisional da Cooperativa, até a Asemblea Xeral onde se formalice e legalice a súa constitución. Este Consello Reitor tería a función provisional, entre outras, de facer unha última revisión aos Estatutos, controlar as contas, convocar unha Asemblea Xeral de Arméria para a súa aprobación e realizar todos os trámites legais, para súa constitución no menor prazo posíbel.

Esta xuntanza aberta está previsto realiza-la o vindeiro
Martes 4 de Setembro de 2012, ás 8 da tarde no local da Asociación Veciñal de Esteiro.

Están convocadas todas as persoas asociadas a unha reunión de persoas voluntarias que queiran facer propostas ou mesmo formar parte dun Consello Reitor de carácter Provisional.


http://armeriacooperativa.blogspot.com.es/


|||||||||||||||||||