sábado, 23 de novembro de 2013

Convocatoria dunha xuntanza extraordinaria do Consello Reitor de Arméria Sociedade Cooperativa Galega, para o mércores 27 de Novembro

O vindeiro mércores 27 de novembro de 2013, ás 6 da tarde, terá lugar unha xuntanza extraordinaria do Consello Reitor de Arméria Sociedade Cooperativa Galega, no local de Caranza, na Traseira do Mercado Municipal.

Obxectivo:

O obxectivo da xuntanza é o de resolver sobre a preceptiva apertura dunha conta corrente da cooperativa e nomear ás persoas autorizadas. E por outra banda acordar unha xuntanza extraordinaria do Consello Reitor para analizar a situación interna e buscar solucións.

Orde do día:
  1. Conta corrente de Arméria. Apertura e persoas autorizadas.
  2. Nova convocatoria dunha xuntanza extraordinaria do Consello Reitor para abordar a situación interna.
Ferrol, a 23 de Novembro de 2013

Manuel Rivera (Presidente) e Inácio Martínez (Secretario)

|||||||||||||||||||

terça-feira, 12 de novembro de 2013

Compañeira Victoria


O pasado Venres, 8 de Novembro de 2013, falecía a nosa compañeira Victoria.

A nosa estimada e querida compañeira Vitoria Fernández Paredes, deixaba-nos logo, dunha breve, mais grave enfermidade.

Victoria, era unha activista social, participaba no Foro e Encontro Social de Ferrol Terra, e foi cofundadora de Arméria Sociedade Cooperativa Galega, formando parte do seu primeiro Consello Reitor. Non puido ver desenvolvidos os proxectos de construción social nos que estamos inmersos. Mais se participou activamente na posta en marcha da Tenda de Troco e na Rede de Apoio Mutuo, onde participaba na loita por unha vivenda digna e adecuada con Stop-desafiuzamentos.

Victoria, chegou á Rede Social de Ferrol Terra, desde a Asociación Cultural Fuco Buxán e o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. O seu compromiso social era grande, imos-che botar de menos Victoria. Mais o compromiso de Victoria non era de agora, dos últimos anos, senón que a nosa  Compañeira ten unha vida de dedicación plena á loita pola xustiza, pola igualdade, a solidariedade e a fraternidade. Este compromiso exercía-o con xenerosidade e bondade.

Victoria era a compañeira do xa finado Carmelo Teixeiro, co que compartía activismo nos, xa mencionados, Comité Cidadán de Emerxencia e asociación 'Fuco buxán'.

No nome de todas as persoas, boas e xenerosas, que formamos parte das entidades da Rede Social de Ferrol Terra queremos enviar un saúdo, con dor mais con esperanza e gratitude, fraternal e solidario aos seus fillos Juan Ramón, Carmelo e Noé, ás súas compañeiras, netos e netas, aos seus hirmáns Angeles e Ricardo, demais familia e amizades.

|||||||||||||||||

sábado, 2 de novembro de 2013

Festa de Outono na Tenda de Troco, este Sábado 2 de Novembro, en Caranza na Traseira do Mercado Municipal


Festa de Outono na Tenda de Troco (na traseira do Mercado de Caranza).

Musica e petiscos compartidos, Troco de xoguetes e receitas e Recollida de mediciñas (sen usar, abertas... nom caducadas) para os campamentos de refuxiad@s do Sahara.

O Sábado dia 2 de novembro de 11hs a 14hs na traseira do Mercado de Caranza.

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/724258957601944

Un saúdo,

Tenda de Troco de Arméria Soc. Coop. Galega

Morada e enderezo Postal:
Avda. Castelao S/N, Traseira do Mercado de Caranza.
CP 15406 Ferrol (GALIZA)
web:
http://tendadetroco.blogspot.com.es/
Facebook:
http://www.facebook.com/detroco.armeria
Correo-e:
tendadetroco@gmail.com
||||||||||||||||||