sexta-feira, 27 de dezembro de 2013

Brindis colectivo na Tenda de Troco: "Por un 2014 cheo de alternativas"


Queremos convidarvos a achegarvos hoxe (Venres 27 de Decembro) á tenda, ás 8 da tarde, para facer un brindis colectivo. Aínda que a situación social, e especialmente na comarca, é difícil, mesmo tráxica, a iniciativa da tenda de troco da Cooperativa Arméria, segue dando moitas razóns para felicitarnos.

Pasamos xa das 250 persoas usuarias e demostramos que as alternativas de economía social son útiles para o dia a dia das persoas que vivimos nesta comarca, e marcan un novo rumbo necesario para relacións económicas xustas, coas persoas e co planeta.

Tráete algo para compartir, e ven brindar con nós por un 2014 cheo de alternativas que superen esta situación de inxustiza e constrúan un novo sistema de relacións económicas e sociais.

Un saúdo,

Tenda de Troco de Arméria Soc. Coop. Galega

Morada e enderezo Postal:
Avda. Castelao S/N, Traseira do Mercado de Caranza.
CP 15406 Ferrol (GALIZA)
web:
http://tendadetroco.blogspot.com.es/
Facebook:
http://www.facebook.com/detroco.armeria
Correo-e:
tendadetroco@gmail.com

||||||||||||||