sábado, 4 de outubro de 2014

Feira de Troco na Traseira do Mercado de Caranza


Feira da Tenda de Troco.

Cando ? : Sábado 4 de Outubro de 2014
A que hora ? : De 11:00 a 14:00 horas.
Onde ? : Na Traseira do Mercado de Caranza (Ferrol).

Ven a informarte de que é o Troco e como traballamos na tenda de Troco de Arméria Sociedade Cooperativa Galega.

A Tenda de Troco
A Tenda de Troco é unha iniciativa de ARMERIA, Sociedade Cooperativa Galega, como servizo público e para que a xente a use e goce facendo trocos, que o vexa sinxelo e cómodo, mais, o principal obxectivo da tenda é crear conciencia, outra maneira de ver a economía, e para iso non hai máis remedio que pararse a pensar un intre.

O troco, unha opción viable
Antes de comprar ou vender algo, considera o troco como unha opción viable, sinxela e barata de adquirir algo semi novo. Ademais aforrarás cartos e evitarás contaminar co empaquetado do produto como por exemplo a bolsa de plástico onde cho dean.

Trocar é aforrar
Unha excelente forma de aforrar é o intercambio ou comunmente chamado troco, o troco é a forma máis primitiva de comercio da humanidade, o troco é a acción e efecto de intercambiar ou dar e recibir algo por outra cousa, sexa bens mobles e inmobles ou prestación de servizo sen que medie a intervención de diñeiro.

Sitio-e:
http://tendadetroco.blogspot.com.es/
Conta no Facebook:
https://gl-es.facebook.com/detroco.armeria

|||||||||||||||||||||||||||||||