ESTE LUNS, NA GALERÍA SARGADELOS, PRESÉNTASE O BANCO DE TEMPO DE FERROLTERRA
Este luns, día 10 de decembro, de 19 a 20 horas, no Salón de Actos da Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, 30-32), celebraremos a presentación do Banco de Tempo de Ferrolterra. Explicarase en que consiste, como funciona e como participar.
Aprender unha receita ou pasar a ferro a unha camisa, regar as plantas ou axudarche a mover un moble, son algunhas das necesidades da vida diaria que poden ser resoltas intercambiando servizos ou actividades, sen diñeiro, no novo Banco de Tempo.
O procedemento é sinxelo e gratuíto, unha vez que o usuario se rexistra na web do Banco de Tempo e é dado de alta, poderá consulta no Banco as ofertas e demandas dos outros socios e contactar con eles, así como especificar, os servizos que pode prestar e os que espera recibir. Cada vez que un usuario presta un servizo gaña horas que se acumulan na súa "conta". Despois, estas horas poderán se cambiadas por outros servizos cando o usuario o necesite. Non se usa diñeiro, só se intercambia tempo.
O Banco de Tempo de Ferrolterra é unha iniciativa que xorde dende a Cooperativa “Armeria”, pero que funciona de forma autónoma e aberta á participación de todos os veciños. Dende o principio da súa creación, estivo apoiada activamente pola Asemblea do Encontro Social de Ferrolterra, xa que con este proxecto, se pretende facilitar a colaboración e apoio entre veciños, dotándonos dunha alternativa para relacionarnos e intercambiar actividades sen diñeiro.
Se queres unirte ao Banco de Tempo de Ferrolterra, sentes curiosidade, ou simplemente queres coñecer de preto este tipo de alternativas achégate este luns á presentación, ou rexístrate en: bdt.deferrolterra.org, en breve te chamaremos para informarte e encher a ficha de inscrición. Tamén podes contactarnos, no correo electrónico: bdt@deferrolterra.org ou no teléfono 634357766.
Folleto:
https://docs.google.com/open?id=1bM9UmzvRMqOwoHkFMYhKaHDUHKDSt0m7Ud9FWpQzAuWKl1ltwTPbgut8LMS_
Cartaz:
https://docs.google.com/open?id=1lgKeDB1T5DFn3pLlc5GrhAQ_dbsG1MZ2LZGJPa1dY9sF-4J_meZC0T-YoUVE
---