segunda-feira, 14 de janeiro de 2013

Necesitamos axuda para a nosa Tenda Alternativa

Desde a Comisión de Arméria para a 'Recuperación e Comercialización Alternativa de Roupa e outros Complementos de Segunda Man' estamos facendo una tenda alternativa que queremos poñer a funcionar en pouco tempo. A continuación transcrebemos o chamado que se nos fai para apoiar a iniciativa:

Queremos poñer a funcionar o Local de Armeria, e para levalo adiante, vamos a necesitar de equipar o local  entre todos, NON SE TRATA DE GASTAR DIÑEIRO, so vos pedimos un pouco de colaboración, xa que todo isto é mais fácil se o facemos entre todos.

Son moitas as actividades e comisións que van ser acollidas polo Local (Finanzas éticas, banco do tempo, comunicación, etc..), e de todas elas, o ROUPEIRO SOLIDARIO é o que necesita que colaboremos con mais volume de material. Necesitamos PERCHAS, ESTANTES, CAIXAS AMONTOABLES, UN MOSTRADOR, TABOLEIRO DE CORTIZA, ESPELLOS, BIOMBO, MOBILIARIO DE OFICINA, BOLSAS e TUBOS DOS ROLOS DE PAPEL, son poucas cousas as que necesitamos e é posible que alguén as poda facilitar. Podedes ir gardando ata as cousas ata que o podades ACHEGAR NA PRÓXIMA XUNTANZA DO ROPEIRO.

Necesitamos tamén, moitas PERCHAS de todos os tipos, É posible que poidades conseguilas dunha tenda próxima ou que simplemente teñades algunhas no sobrado, tamén podedes traelas coa roupa que queirades intercambiar ou entregar ao roupeiro.

Estamos a buscar ESTANTES, pero para aproveitar o noso espazo e recursos, queremos conseguir CAIXAS AMONTOABLES de madeira ou plástico (ou caixas de cartón resistentes) para reciclar facendo estantes. Cortámoslle a fronte a cada caixa, amontoamos varias alturas e poñémolas de cores bonitas, e así, é doado meter e sacar a roupa dobrada e ademais vense moi xeitosas. Se podes conseguir caixas deste tipo, no roupeiro vamos a aproveitalas.

Para mostrar produtos pequenos, como complementos, podiamos poñelos nun TABOLEIRO DE CORTIZA.

Aínda que o local non vai ser unha tenda ao uso, necesitamos ter un lugar onde mostrar a roupa e poñer algún material de traballo. Gustaríanos saber onde poderiamos conseguir UN MOSTRADOR con rodas ou algún moble para reutilizar ou adaptar, que teña as dimensións axeitadas para atender a unha persoa e que permita almacenar o material imprescindible (bolsas e material de oficina). Tamén poderiamos usar unha mesa.

Temos que xestionar ben o espazo e organizar as cousas e etiquetar vai ser imprescindible, para iso, queriamos usar o cartón dos TUBOS DE PAPEL, cortándoo para facer a etiqueta, escribindo os datos da peza de roupa e colgándolla cun fío.

Nunha tenda de roupa hai que ter un espazo para mirarse, que faga de probador ou vestiario. Necesitase un percheiro, un asento, un ESPELLO na parede, un BIOMBO ou unha cortina son detalles importantes para que as persoas se sintan a gusto probando as pezas.

Hai moitas mais cousas que se poderían usar na tenda por exemplo: MATERIAL DE OFICINA, BOLSAS, tesoiras, caixa rexistradora, calculadora, manequíns (xa sexa enteiros ou de medio corpo, de mans, cara...) expositores, elementos de decoración, algunha planta, mobiliario, asentos, tarxetas de usuario, folletos explicativos, carteis con horarios ou un extintor. Ademais se esta traballando para conseguir un ordenador e acceso a internet. Un saúdo cooperativo de Armeria S.Coop.

Carlos Vidal do Consello Reitor de Arméria Soc. Coop. Galega

Borrador: Que é o Roupeiro Solidario?
________